O rap underground de Santiago de Compostela

Moitos de nós temos ou tivemos grande oportunidade de levar a cabo os nosos estudos en Santiago de Compostela, o fogar dunha boa parte do estudantado galego. Puidemos disfrutar da beleza  empedrada da Zona Vella e das discotecas da Zona Nova, pero se algo caracteriza a esta cidade é o ocio e a cultura. Hai locais e actividades de todo o tipo: concertos de rock, recitais de poesía, festas universitarias, clubes de debate, etc. Mais qué acontece coa música rap na capital galega?  Cales son os seus principais protagonistas? Qué expresan? Cal é a súa visión sobre o panorama actual? Ten o rap o seu lugar dentro de Santiago?
Nesta reportaxe contamos coa colaboración de catro membros do rap máis underground de Compostela para que nos explicasen algunhas destas cuestións, entre outras moitas:

575200_10202467881563370_2047830510_n

Digo Diego ( MC )

477280_171010426394591_920138031_o

J. Odt ( MC e produtor )

13054785_10208186207746892_708927360_o

Katarsis ( MC )

13036614_587951751368942_2098125529_o

Ázido Cróniko ( produtor  )

Digo Diego : ” As institucións só toman en serio a artistas como Rafael ou Enrique Iglesias “

Inicia a nosa viaxe a través da música dun mozo compostelán que actualmente estuda Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela.  A pesares de darse a coñecer fai preto de oito anos como Darko polo nome da súa pandilla de amigos de por aquel entón ( Os Darks), Diego Prado rematou por ser bautizado artisticamente como Digo Diego por Binnie Crint, artista tamén compostelán co que comparte grupo: Sistema Compostela.
Influenciado pola música rap que lle ensinou o seu irmán e un coñecido cando era un neno, Digo Diego define a súa música como unha mestura de rap e Rythm and Blues pero máis aló do estrictamente musical o que verdadeiramente define o seu estilo é esa transparencia tan aplaudida dentro da cultura Hip Hop: “adopto temáticas sociais aínda que me centro máis nas miñas vivencias personais. Adoito escribir sobre os meus demos internos, aínda que se me ergo co pé esquerdo gústame darlle caña a certas imposicións sociais ou politicas que me dan noxo”.

No videoclip de ” Desconexión ” Digo Diego plasma o seu rexeitamento á sociedade actual.
Con máis de catro anos subíndose a escenarios tanto en Santiago como noutras cidades ( Madrid, Vigo, A Coruña, Mallorca, etc.), Diego subliña que non ten ningunha queixa para dar concertos na súa Compostela natal; cidade na que coñeceu a artistas que hoxe en día son os mellores desde o seu punto de vista: ” para min os mellores son J. Odt, Binnie Crint e El Soed e seguro que algún se me queda no tinteiro “.
En canto a traballos o artista compostelán conta con dúas maquetas: unha de fai varios anos e Out, publicada entre o ano 2014 e o pasado 2015. Por outra banda, a relación persoal co resto de artista de rap na capital galega resúltalle bastante positiva, aínda que con matices: ” coñecémonos dende fai anos. Do mesmo xeito que non nos levamos cos que non simpatizamos, levámonos moi ben cos que conectamos” .

” Detrás de ti ” con Binnie Crint trata algo tan humano como o remordimento.
Non tería sentido falar do rap máis underground de Compostela sen preguntarlle pola súa cidade: ” da miña cidade gústame a cultura que ten, as poucas pelexas e o bo ambiente que hai pola noite.  A zona vella está viva, con constante arte e os seus bares míticos non deixan de funcionar pero non me gusta a influencia que ten a Igrexa na xente maior desta cidade “.

 

” O rap de aquí non é tan kinki como o resto de España, aínda que a nova xeracion vai  cambiar iso ”

 

No relativo á oferta musical de Santiago Digo Diego afirma que a ve en auxe agora mesmo por locais como o Camalea ou a Sala Moon, pois segundo él ofrecen unha grande variedade de concertos de diferentes estilos. Pero non todo son palabras bonitas. Ó preguntarlle sobre propostas que faría para mellorar o panorama rapeiro local Digo Diego ten as cousas ben claras: ” unha atena que bloqueara o rap kinki que vén de fóra”. Como poden apreciar Diego non ten pelos na lingua e menos se tocamos o tema político: ” as institucións locais só toman en serio a artistas como Rafael ou Enrique Iglesias ” .
O caso de Diego é curioso: ex – trompetista da banda de Calo, ex – alumno do Conservatorio de Música de Santiago de Compostela e actualmente membro da promotora de rap Digital Hustlers. Toda unha variedade de experiencias que probablemente influiron nalgúns dos seus pensamentos relativos á música: ” o MC é o 30 % dunha canción. Para min o produtor é o máis importante e o Dj é un grande complemento que salva moitos temas e totalmente imprescindible nos directos ” .
Ó preguntarlle sobre o estilo do rap compostelán en comparación co resto de España, Digo Diego sinala que ” é tan diverso que xa hai propias diferencias na cidade. O rap de aquí non é tan kinki como no resto de España, aínda que me temo que a nova xeración vai cambiar iso ” .

 

” As redes sociais cárganse todo, non só o rap”

 Tras tantos anos dándose a coñecer, Diego non dubida dos seus seguidores tanto composteláns como galegos ou de fóra de Galicia: ” teño un público fiel ó que non lle gusta aparentar e que me escoita porque se identifica. Non vendo fume nin presumo de nada nas miñas cancións, falo do meu  interior. Ó escoitarme pódeste identificar, non estás vendo un produto musical superficial “.
 En ” Mitty ” o artista compostelán fala da guerra entre o seu lado pesimista e paranoico co seu lado racional.
Por último, despois de comentarnos o seu gusto por grupos da old school santiaguesa como Palapeña e Malandrómeda, Digo Diego remata a entrevista sinalando que ” as redes sociais cárganse todo, non só o rap. Difunden moito a música pero a día de hoxe iso conleva a que cancións pésimas, simplemente polas reproduccións, fagan que vivan da música cantantes que non o merecen. “ Segundo él, a consecuencia de todo isto é que ” o creador teña que comer ósos na sucia rúa ” e o problema principal do rap local é que non está o suficientemente presente nos medios: ” só difunden a unha persoa, sempre a mesma ” .
Agora que xa collimos algo de impulso, toca seguir adiante coa expedición. Imos aló.

Katarsis: ” As persoas máis escoitadas non aportan nada ó movemento”

A nosa terceira parada pasa por Alberto Cabanelas Pérez, tamén chamado artisticamente Katarsis ou K para os colegas. Este rapeiro e estudante de Educación Social en Compostela agocha tras de sí un universo metalingüístico plasmado na súa contribución á escena underground. De feito, prefirimos que él mesmo nos sumerxa no seu pasado: ” levarei escoitando rap dende 3º da E.S.O. A iso dos 14 anos escoitaba temas soltos, sobre todo a nivel nacional ata que un amigo meu ( Borja Salgado ) me fixo afondar no panorama; estoulle enormemente agradecido. Máis adiante coñecín a un grupo de rapaces ( ETC ) en Compostela ó que me xuntei e adoitábamos quedar unha vez á semana no parque pegado ó Parlamento para improvisar ou ensinarnos o novo que tiñamos escrito.
Para Katarsis resultou unha serie de decisións bastante frutíferas:” foi unha época verdadeiramente apaixoante e produtiva e da que obtivemos moitas experiencias relacionadas co rap “. Pero qué acontece co seu presente? ” Formo parte dun grupo ( Brainsane ) xunto a dúas das persoas que máis quero: Alba ( Alba G. ) e Iván ( AZ Cróniko). Ela é MC e produtora, mentres que él se centra na produción “.
Tendo en conta a súa música, non puidemos evitar preguntarlle polo seu nome artístico e polo seu estilo: ” síntome totalmente identificado co concepto : purificación, liberación, transformación, etc. o meu estilo diría que me deixo levar polos ritmos das producións de AZ ou de Alba G. aínda que  teño preferencias por bases de corte escura. No tocante ás letras, gústame escribir cousas que refflexen a miñas valoracións filosófica sobre a vida, sempre baixo un ton crítico tanto conmigo como cos demais “.

 Reflexionar e reinvindicar son sinónimos de Katarsis.
No referente á súa linguaxe dentro das cancións, Katarsis afirmou: a miña principal premisa artística é a transformación da realidade. Abordo temáticas de carácter intimista, filosófico, político e sociolóxico; e me gústame tamén combinar as métaforas con elementos da física ou da astronomía, xa que estou moi interesado nestes campos de coñecemento, o cal me fai máis doado crear metalinguaxes “.
Afastándonos un pouco do aspecto máis individual, decidimos introducirnos de cheo na escena compostelá: “ considero que hai un potente movemento underground e que destaca pola súa orixinalidade. Se saes pola noite sempre hai algún recuncho no que improvisar ou escoitar os temas novos da xente. A xente que é máis coñecida e escoitada a non aporta nada ó movemento ou nada que eu considere valioso. Penso que o que marcou a diferencia é Hevi, do grupo Malandrómeda e actualmente de Fluzo “.

” O movemento underground cohesiona e dinamiza a quenes participamos nel “

Con catro anos de experiencia nos escenarios, o rapeiro compostelán confesa algo que nos chamou a atención: “quizais prefira actuar fóra polo feito de ser un descoñecido para o público, o que suscita unha maior paixón por facelo ben e abraiar “. Máis adiante, comentóunos que ” hai un alto grao de conexión entre a xente que rapeamos en Compostela. Coñecémonose nos levamos bastante ben en xeral. De feito, sinala como responsable disto ó movemento a nivel urbano: ” o movemento underground cohesiona e dinamiza a quenes participamos nel. A interación resultante estimula unhas relacións persoais máis frutíferas que mediante simplemente os soportes dixitais “.
Katarsis interpretando o seu tema Zero Proyect para as BRAIM Live Sessions.
Katarsis é crítico en non dubida en aproveitar a ocasión para comentar a súa opinión sobre as institucións: ” nelas hai unha clara perspectiva economicista da cultura; iso limita todas as actuacións ós mesmo criterios. Nin nos toman en serio nin nós as tomamos  en serio “.  Por outra banda, defende a arte dun xeito non profesional: “non teño intención de adicarme profesionalmente á música, xa que non concibo a creación artística cun propósito de instrumentalización da mesmo, senón como mera expresión e posterior disfrute da súa interpretación. Sí que me gustaría poder obter beneficios de dar concertos para poder realizar música da maior calidade posible e así poder continuar actuando pero como unha paixón e non como unha profesión”.

 

” Non teño interese algún nas redes sociais; dánme rabia “

 

Como ben saben vostedes, os concertos son o exame de todo músico. Para Katarsis ” os mellores directos son aqueles nos que o Dj ten un protagonismo parello ó do Mc, xa que en moitas ocasións pasan desapercibidos e iso fai que o concerto se volva un tanto monónoto ou cargante “.  Como tamén saben, o público é vital; e Katarsis conecta co seu: ” se dividimos o mundo persoas de acción e persoas de reflexión, quedaríanse conmigo as segundas. De todos os xeitos, tamén conecta cos seus colegas musicais: ” da nova escola seguramente o que máis me chame a atención sexa J. Odt, ó que tamén entrevistaches, así que se pode dicir que tiveches bo ollo con nós. Pero é un pouco reacio a conectarse ás redes sociais:  ” non teño ningún interese nas redes sociais; dánme bastante rabia. Sería máis positivo afastarse un tanto das redes sociais e do audiovisual para achegarse á rúa e ós parques a expresarse e a relacionarse “.
Antes de seguir polo noso rumbo, Katarsis quixo engadir unhas palabras a xeito de consellos para aqueles que estén comezando a facer rap na capital galega : ” respetar a quen respeta e non respetar a que non respeta, é así de doado. E non me refiro ó respecto como recoñecemento, senón por exemplo a se nas súas letras respectas ás persoa, a colectivos, minorías, ou mesmo a compañeiros de directo. Sempre está o típico grupo que se pasa os demais concertos no backstage ata que lles toca saír a eles” .
Achégase a nosa última parada nesta viaxe. Só unha parada máis.

 

 

 

 

J. Odt: ” Téñolle moito noxo á música como produto “

A viaxe continúa neste caso cun amigo da personaxe anterior. Manuel J. Caamaño, nado en Compostela no ano 92, é coñecido localmente como J.Odt. Este MC, produtor e ex – estudante de impresión gráfica e fotografía atópase actualmente buscando traballo, do mesmo xeito que buscaba discos de rap cando era novo: ” o rap como tal debín coñecelo a principios do 2000 grazas a un rapaz da miña clase un par de anos maior ca min. Él escoitábao e lle pedín que me prestase algún disco “.
OJ Killah é o último traballo publicado polo MC e produtor compostelán.
J. Odt non é un artista calquera; observa en silencio para máis adiante plasmar realidades variopintas. A crítica e a reflexión son dúas palabras que o definen bastante ben. Falando de definicións, él quixo declararnos o que para él é un bo rapeiro: un bo MC é aquel que cando hai algo ó seu caron que non lle gusta  algo que non é do seu agrado o di,que cando pasa unha mala época o di,ou que cando todo lle vai ben e se sinte ben consigo mesmo e nota que nada o pode parar chuléase porque o sinte así; e eu intento predicar co exemplo “.

 

 ” No colectivo JUST KILL IT non actuamos en nada que teña que ver coas institucións “

Cuns inicios nos escenarios nos que cantaba uns cantos temas en concertos de artistas como Aktos Suicidas, ETC ou Izki – do quen foi corista -, J.Odt pasaría a formar con este último o grupo AConaSonora para máis adiante fundar  con CakeGrooves, Los Homiero e Aivan  o colectivo JUST KILL IT  : ” nel organizamos eventos e sacamos as referencias de cada un dos integrantes .  No colectivo non actuamos en nada que teña que ver coas institucións, que son as que lle poñen pegas ós garitos e salas de Compostela. Creo que todos coñecemos todo o que pasou ahí atrás na cidade cos garitos,concertos e prohibicións que houbo “.

 

Smooth é a última maqueta do artista compostelán.
Por outra banda, este artista santiagués comentounos a súa visión do panorama compostelán e da súa relación cos membros deste movemento: ” da vella escola diríache que os mellores para min son xente como Hevi,  Furnier, IronMon, Didaco, Kotto e da nova e non tan nova Maneante, BlackDhalia, Kike, Erin, Digo Diego, Aivan, Binnie Crint, Moisexy, TR3S ou Pereira. Eu teño moitos amigos e colegas que fan música e obviamente entre nós hai unión,pero xa máis que pola música polas relacións persoais “.
En canto a traballos futuros, J. Odt avisounos con antelación da que se aveciña: ” agora mesmo teño grabado xa un maxi con Didaco dende o verán pasado que terá 6 temas con produccións de Máximo Gorki, Steelo F, e unha miña,que está en proceso de masterización en Manchester polo noso técnico Borja e esperemos que vexa a luz dentro de non moito “.

J. Odt rapeando a canción Transformers para as BRAiM Live Sessions.
Como case todo compostelán de toda a vida, J. Odt é un amante da súa cidade: “supoño que os sitios o fan bonitas as persoas e en Santiago están a maioría dos meus amigos. Encántame ir con eles e estar pola zona vella e ter o luxo de voltar pra casa de madrugada polas mesmas rúas que polo día están cheas de xente e peregrinos e sentila para min só, véndoa baleira e disfrutando de cada pedriña”. Non dubida de subliñar o movemento culturalda urbe da peregrinaxe: ” agora estánse vendo moitos máis eventos polos garitos da zona vella,cousa da que son moi fan e encántame. No ámbito do rap destaca Primer Beat, que nos está a dar a oportunidade de ver a auténticos clásicos do rap con grupos locais teloneándoos “.

 

” Non me importaría ter un grupo de punk ou de hardcore ”

Aínda que fai música rap, J. Odt deixa ben clara a súa paixón polo rock: ” nos comezos tiven a sorte de formar un grupo con dous bos amigos e xuntarnos a facer música,viñamos do rock, do metal e a intención era facer unha mezcla de eso co rap. A medida que avanzamos e vendo a falta de medios decidimos facer rap porque era moito máis sinxelo” . A pesares do seu progresivo desencanto con este tipo de música ó longo dos anos, non pode deixar de encher páxinas de versos: ” sempre sinto a necesidade de escribir, a escritura e algo que non pode faltar na miña vida na actualidade. Non me importaría ter un grupo de punk ou de hardcore,é unha idea que sempre anda rondando a miña cabeza,nunca se sabe “.
 Comprometido coa súa arte, J. Odt ten o seu futuro moi claro: ” téñolle moito noxo á música como produto; é algo que sempre me votou para atrás. Se tivera a sorte de adicarme profesionalmente a música sería dunha maneira autoxestionada “.
Track 04 é unha das cancións máis coñecidas de J. Odt.
No relativo ós estilos de rap predominantes en Compostela, J. Odt é bastante cauteloso e xustificounos por qué non o pode concretar: ” estamos nuha época na que o internet fai que un tío coma min dende a súa casa poida escoitar un tema que se acaba de colgar fai 5 minutos en NY por exemplo, entón iso produce que haxa moitos tipos de música e estilos en calquera sitio, e tamén pasa no rap. A día de hoxe creo que en calquera sitio pódeste atopar con moitas vertentes de cada pao “. Falando de internet, o artista declarounos que ” ó tocar con diferentes grupos de Galiza, España e ata algún internacional a túa música chega a eses lugares,e tamén grazas a internet e as diferentes redes  a túa música acaba nos lugares que menos imaxinarías,e é un pracer “.

 Bandcamp é outro dos recursos que emprega J. Odt para publicar os seus traballos.
A piques de desviarnos por outro camiño, J. Odt quixo dar uns consellos a quenes están a comezar a rapear: ” facer o que a un mesmo lle gusta e lle axuda creo que é a clave. A música ten que ser un espazo de absoluta libertade de cada un,o desafogo,o desinfectante da ferida” .

AZ Cróniko: ” En Compostela sempre houbo un bo panorama de Hip Hop “

O rap non é soamente os seus artistas vocais, as instrumentais cumpren un papel máis que decisivo na calidade da música. Por este motivo quixemos rematar esta reportaxe con Iván Álvarez Piteira, produtor de rap coñecido artísticamente como AZ Cróniko.
Este compostelán de 26 anos e estudante no Ciclo Superior de Técnico de Son en Vigo entrou en contacto coa cultura Hip Hop fai trece anos a través do seu amigo MC Zero para unirse pouco tempo máis tarde con Alba G.  e Katarsis, formándose así o grupo Brainsane, un dos máis recoñecidos dentro da escena local: ” con Brainsane botamos dúas referencias ( Inverno e Cerro Torre ), ademais de dar algún concerto pola nosa terra “.

 

” A música non debe ter etiquetas “

 

Resulta curioso a procedencia do seu nome: ” é unha especie de simil entre ácido e música. O de crónico vai pola capacidade para permanecer nas persoas. A miña música é acidosa e crónica, pero cada un que interprete o que queira, o que importa é o que se agocha detrás dese álter ego “.  É máis,  o estilo musical é libre no universo de AZ Cróniko: “non me gusta encasillarme nun só estilo, ademáis penso que hoxe en día todo está mesturado e é complicado diferenciar estilos concretos, cousa que me gusta. Penso que a música non debe ter etiquetas”.
Pero cómo realiza o produtor compostelán todas estas instrumentais? “Non teño unha técnica concreta para crear música ou ritmos, ás veces merco vinilos e fago mostras para partir dunha nota ou dunha melodía, o que ven sendo samplear, e outras veces compoño con piano. Non teño estudos de música, pero gústame improvisar e confiar no meu oído”.
Por outra parte, no referente ó seu estilo, o artista santiagués declarounos que comezou facendo música para expresarse: “coincidíu que nesa época o que máis escoitaba era rap. Hoxe en día fago música que non está encasillada nese estilo, cun toque máis experimental ou glitch; de feito, o que menos escoito agora é rap “.

 

En Nights #1 AZ Cróniko fai unha homenaxe a Biggie e Bob Marley.
Por outra banda, cómpre sinalar que este compostelán publicou unha beattape fai varios anos e produciu dous traballos do seu grupo ( Brainsane ) pero sinala que ” tamén hai un proxecto chamado Brainproject, que se pode escoitar no meu canal de youtube, e falando do futuro, pronto haberá alguna novidade “ . Ademáis, colaborou ó longo da sú traxectoria con artistas como Naro, de Olímpicos – Grave Fame ou Digo Diego, por non mencionar os traballos musicais e audiovisuais que levou a cabo cos seus compañeiros de grupo.
Máis adiante, coméntanos o talento que observa no rap santiagués : ” a escea local é moi boa, tanto a nova escola como a vella, e está ben representada por xente con ganas de facer cousas, non me vou quedar con ninguén en concreto porque considero que cada un ten a súa esencia, pero en Compostela sempre houbo bo panorama de Hip Hop. Agora mesmo quen quere facer un concerto aquí, con máis ou menos medios, pode facelo. Hai variedade de salas e bares que che permiten proxectar a túa música “.
Debido a todo isto, AZ Cróniko afirma que é clara a situación actual no rap compostelán e no rap galego: ” o que hai xa é bo, polo tanto o único que podo facer é animar á xente a que coñeza esta cultura, e ós medios de comunicación que lle den máis protagonismo. Sempre houbo boa conexión entre a vella e a nova escola. Viaxar sempre gusta, e se é para facer música moito millor, pero a casa é casa. Sempre houbo boa conexión entre a vella e a nova escola “. 

” Sen música non hai MC e sen MC non hai rap “

Ó preguntarlle sobre se lle interesaría vivir do rap, AZ Cróniko confesou : ” calquer persoa que faga música, quere vivir da súa música, e con isto non falo so de cartos, senón de poder centrar a túa vida niso”. Non resultan de extrañar estas declaracións, pois o seu amor pola música é case unha herdanza familiar: ” a mellor clase de formación musical que tiven deuma o meu pai, gran amante da música e sempre aberto a tódolos estilos, grazas a iso, hoxe en día escoito todo tipo de música “.
No pensamento deste produtor percíbese a explosiva mestura entre mocidade e experiencia con outros artistas nos seus traballos pero taménnas súas palabras: “penso que tódolos involucrados teñen a mesma influenza no resultado, sen música non hai MC, sen MC non hai rap, é todo un circulo que se retroalimenta de maneira productiva “. Non entende de favoritismos pero destaca a dous artistas da old e da new school: Dida ( 504 ) e o seu compañeiro de grupo, Katarsis.
Tears of Freedom é un dos moitos traballos que AZ Cróniko publica en Soundcloud.
Por último, AZ Cróniko decláranos que ” o rap está nun segundo plano se o comparamos con outros países; si que é certo que agora ten algo máis de presenza que fai uns anos, pero aínda así non se valora como outros estilos “.
Xa chegamos ó final do camiño O bo de todo e que sempre se poden volver facer aínda que sexa ó revés; e neste caso facer outro camiño dentro do rap máis underground de Compostela non estaría de máis.